23 nov. 2016

Xogando no Magosto



Unha das cousas que facemos para celebrar o Magosto son a práctica de Xogos Populares.

Os alumnos de 5º e 6º son os encargados de dirixir os xogos que preparamos previamente na clase de Educación Física.

Sempre é unha experiencia facer de 'profes' nestes casos e, para os máis pequenos, é moi ilusionante aprender e practicar xogos novos.


Noraboa por participar nesta actividade tan ben!