24 feb. 2017

Floorball no parque de Carreira



Pois como vai tan bo tempo, decidimos sair do centro para facer algunhas clases. Neste caso as rapazas e rapaces de 5º e 6º están a traballar co Floorball e fumos facer un par de sesións ao parque da parroquia. Algunha xente quedaba un pouco estrañado ao ver este deporte tan novidoso para esta zona.



23 nov. 2016

Xogando no Magosto



Unha das cousas que facemos para celebrar o Magosto son a práctica de Xogos Populares.

Os alumnos de 5º e 6º son os encargados de dirixir os xogos que preparamos previamente na clase de Educación Física.

Sempre é unha experiencia facer de 'profes' nestes casos e, para os máis pequenos, é moi ilusionante aprender e practicar xogos novos.


Noraboa por participar nesta actividade tan ben!



16 nov. 2016

Tes puntería??




Estas semana pasada estivemos traballando os lanzamentos de precisión para os que fai falla unha boa dose de puntería.
Os xogos utilizados foron adaptación de xogos populares: Bolos, Anelas, A rá...

Pasárono 'pipa'.

30 oct. 2016

Gran material!







Cando facemos xogos con material moi grande, aos rapaces e rapazas encántanlle!
Nesta quenda tocou sacar o 'paracaídas' a airear. Mirade que cariña teñen as nenas e nenos de 1º e 2º!!


26 oct. 2016

Saímos ao parque!

Cando vai bo tempo aproveitamos para saír ao parque de Carreira (o Campo da Festa) para facer algunhas actividades. Neste caso fixomes xogos de raquetas.

Moi divertido!



20 oct. 2016

Comezando co Acrosport


Como cada curso, os rapaces de 5º e 6º traballan o Acrosport na 1ª avaliación co obxectivo final de confeccionar unha representación para o festival que celebramos polo Nadal.

Como non podía ser de outro xeito, nesta quenda as rapazas e rapaces están a traballar arreo!

A seguir así!!!

29 sept. 2016

Xogos do Mundo


Comezamos novo curso con ilusión e gañas de traballar. Moitas ideas e proxectos... a ver cantas se poden levar a cabo...

Para que vos vaiades facendo unha idea de cousas que queremos ir incluíndo este ano, aquí vos deixo unha fantástica web sobre os "Xogos do Mundo". Interesante non?? Pensaches algunha vez como ocupan o seu tempo libre os nenos e nenas de outros lugares do Mundo?? Pois xogando... pero igual os xogos non son exactamente iguais aos que practicamos nós.

Bótalle unha ollada!